Coñece os servizos de nutrición na Coruña

Coñece os servizos de nutrición na Coruña

Empieza hoy a cuidar tu alimentación
Experta en dietética

Comeza hoxe a coidar a túa alimentación

Grazas aos moitos anos de experiencia no sector da nutrición e a dietética en A Coruña no centro dirixido pola profesional Tania Pose ofrecemos aos nosos pacientes un servizo integral.

Isto significa que non somos unicamente dietistas que preparan, por exemplo, dietas para baixar de peso, senón que somos nutricionistas que te axudarán a alcanzar todas as túas metas sempre baseándonos nunha alimentación saudable e equilibrada.

En moitas ocasións o prato é o reflexo da nosa saúde. É por iso que dende o noso centro de nutrición en A Coruña queremos ensinar a comer ben a todos os nosos pacientes para que poidan seguir uns hábitos alimenticios o máis sanos posible.

Saber máis

A quen podemos axudar?

Pacientes que acoden a Tania Pose Nutrición en A Coruña

No noso centro de nutrición contamos con todo tipo de pacientes. Traballamos de maneira personalizada polo que connosco sempre atoparás a solución ao teu problema. Entre as persoas que solicitan consulta coa nosa nutricionista en A Coruña podemos diferenciar:

  • Persoas que queiran ou precisen cambiar os seus hábitos de alimentación

  • Persoas que buscan baixar de peso dunha maneira sa e controlada
  • Persoas que deciden aprender a comer san
  • Persoas que precisan aumentar de peso dunha forma saudable
  • Mulleres embarazadas ou en períodos de lactancia
  • Persoas que teñan algún trastorno alimenticio
  • Persoas que padezan de diferentes enfermidades como a diabetes
  • Deportistas que queiran mellorar a súa condición física
  • Persoas que sofren de problemas dixestivos habituais
  • Persoas que padezan de hipertensión ou colesterol
  • Persoas que sofren de intolerancias alimentarias
  • Persoas que teñen alerxias a diferentes alimentos
¡Pide a túa cita xa!

Esperámoste no noso centro de nutrición

Se queres aumentar a túa calidade de vida e benestar non dubides en pedir unha cita xa en Tania Pose Nutrición en A Coruña. Queremos axudarche a facer este cambio tan importante na túa vida e estaremos ao teu lado durante todo o proceso.