En Tania Pose Nutrición traballamos para axudar aos nosos pacientes a mellorar a súa saúde e hábitos de alimentación para acadar un benestar físico e mental co que sentirse ben.
Somos un centro de nutrición na Coruña formado por profesionais que teñen como obxectivo mellorar o benestar de todas as persoas que confían en nós. Para iso, todas as dietas que realizamos son personalizadas e atenden, unicamente, ás necesidades de cada paciente e ás metas que quere acadar.
Desta maneira a nosa nutricionista encárgase de elaborar dietas para perder peso, pero tamén plans de nutrición para persoas que presentan enfermidades relacionadas coa alimentación, para mulleres embarazadas, para deportistas, para homes e mulleres que necesitan aumentar o seu peso... preparando menús personalizados para cada paciente e facendo un seguimento dos seus cambios.